Rescatado un condutor tras bater co seu coche contra o tanatorio de Bértoa
16 de febreiro de 2025 (14:03 h.)
Un condutor tivo que ser rescatado tras saírse da vía, e quedar atrapado ao bater co seu coche contra o tanatorio de Santa Marta na rotonda de Bértoa da AC552, no concello de Carballo
O aviso chegaba ás 19:55 horas. O condutor do vehículo, e único ocupante, atopábase no interior inconsciente. Coa axuda do persoal do 061 mobilízase a vítima ata unha ambulancia, onde foi estabilizado para posteriormente ser trasladado ao CHUAC.
Interviron a Policía Local e Protección Civil de Carballo.