Silvana Castro deixou o seu posto de concelleira loitando contra a lei do aborto

Coa camisola posta de "Non á nova Lei do Aborto", como todos os compañeiros do BNG, así se despedía do seu posto de edila do Concello de Carballo por motivos persoais a Concelleira de Igualdade e Benestar, Silvana Castro. Foi na sesión sesión plenaria ordinaria do mes de decembro, que tivo lugar o luns 30 a partir das 20.30h.

Castro fixo un guiño á política ben entendida e valorou que "todos os que amamos este pobo deberiamos poder ter algunha vez a experiencia de traballar por el" formando parte da corporación.
Castro será substituída pola seguinte persoa na listaxe do BNG, Inés Rodríguez Muíño, que tomará posesión no pleno de xaneiro.

Foi a nota máis destacada dun pleno que podedes seguir en Vive Carballo.

Novas relacionadas

Fonte