Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo recupera a súa memoria a través da rede

Carballo recupera a súa memoria a través da rede
Carballo na memoria

Fermosos son estes proxectos de recuperación oral e tradicional a través da rede. Xa coñecimos a proposta Ponte na Fala na que os maiores de Ponteceso póñense a contar. Hoxe imos ata a capital de Bergantiños, onde acaban de presentar a proposta "Carballo na memoria".

Con esta iniciativa o Concello de Carballo quere incentivar a recuperación da "memoria fotográfica” da vila a través de 3 claves:

  • Fomentar a dixitalización das fotografías antigas de Carballo.
  • Engadir valor a esas imaxes mediante o uso de tecnoloxía de xeolocalización.
  • Crear unha comunidade interxeracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais dos xoves.

Este xeito de viaxar a través do tempo nace na rede, pero tamén contará cunha boa cantidade de accións off-line a realizar durante os vindeiros meses. A idea é que todo o mundo participe, e deste xeito xa podes achegar as túas fotos ao Museo de Bergantiños (na rúa Martín Herrera, á beira da Igrexa de San Xoán), e alí dixitalizanchas de balde e subiranas á web do proxecto www.carballonamemoria.org.

Cómpre apuntar que na vila carballesa xa hai precedentes importantes e de grande éxito relativos á recuperación da nosa historia, cunha grande parte de recuperación fotográfica, como son as diferentes iniciativas promovidas por Xan Fraga Rodríguez.
Este proxecto pretende darlle continuidade a esas iniciativas, pero converténdoas en “accións 2.0”, co obxectivo de que a sociedade carballesa sexa a verdadeira protagonista do proxecto, aportando non só as imaxes, senón tamén o coñecemento que ten sobre as mesmas.

Presentacion de Carballo na memoria

Birgadas tecnolóxicas

Os departamentos de Participación Cidadá, Normalización Lingüística, Mocidade, 3ª Idade, Novas Tecnoloxía, Educación e Cultura colaborarán en buscar “Brigadas Dixitais” entre a xente mais nova, que é a que ten o coñecemento tecnolóxico, co obxectivo de que sirvan de apoio para as accións que se realizarán para achegar á xente mais maior a volcar o seu coñecemento histórico nos soportes web que se poñen a disposición do proxecto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios