Estas son as gañadoras da I Gala dos Premios do Deporte de Carballo

Lucía Ngnipa Nintedem foi escollida como Mellor Promesa do Deporte de Carballo 2025

Tivo lugar esta pasada noite de venres 19 no Pazo da Cultura de Carballo unha emotiva primeira edición da Gala do Deporte carballés. Tras ir coñecendo todas as candidaturas, onte, nun pazo ateigado, puidéronse saber quen son deportistas e as entidades mellor valoradas do Concello. E a diversidade foi máxima, con protagonismo para a halterofilia, ciclismo, baloncesto, balonmán, fútbol, hockey....

Ruth Fuentefría Sánchez, Mellor Deportista, co alcalde Daniel Pérez

Aquí relatamos a listaxe de gañadoras:

  • Mellor deportista carballesa: Ruth Fuentefría Sánchez (Club Halterofilia Coruña)
  • Mellor deportista carballés: Tomás Pombo Álvarez (CC Padronés, Cortizo + Movistar, Team Academy e UC)
  • Mellor deportista promesa carballesa: Lucía Ngnipa Nintedem Escolas Balonmán Xiria.
  • Mellor deportista promesa carballés: Brais Pensado Albertí (Salvamento e Socorrismo Carballo SYSCA)
  • Premio “Pedras Brancas” (Equipo ou entidade que mais se distinguira pola súa actuación deportivo-competitiva en calquera ámbito): Bergantiños FC Feminino.
  • Premio “Pedras Brancas” (Equipo ou entidade que mais se distinguira pola súa actuación deportivo-competitiva en calquera ámbito): Escola Lubiáns Sénior Liga OK Bronce.
  • Premio “Carballo Deporte” (Á entidade con maior distinción na especial contribución a tarefas de fomento do deporte e/ou organización de actividades deportivas): AD Un Paso Máis.
  • Premio “Arsenio Iglesias” (Mellor adestradora/adestrador carballesa/carballés): Arturo Ferraces Martínez (Escola Basket Xiria)
  • Premio “Luís Calvo Sanz” (Á institución, entidade, etc. ca actuación mais distintiva na colaboración co deporte carballés: Fundación Luís Calvo Sanz.
  • Premio “Vida adicada ao Deporte” (Deportista, técnica/o, directiva/o con unha traxectoria trascendente no eido deportivo local): Gemma Paz Bello.
  • Mencións Especiais a Luciano Calvo Sanz, Evencio Ferrero, Elena Vázquez Brandón (RCD A Coruña) e Anxo Fuentría Fernández (AD Fogar)