Olla aquí todas as candidaturas aos Premios Deportivos de Carballo
Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 5 para a categoría Carballo Deporte e 6 para Pedras Brancas.
Coa primeira categoría, a de “Carballo Deporte” preténdese distinguir á entidade que máis teña contribuído a tarefas de fomento do deporte e/ou á organización de actividades deportivas. Deste xeito, ao Premio Carballo Deporte optan:
- AD Fogar da Xuventude,
- Agrupación Deportiva Un Paso Máis,
- Awen Fútbol S. Coop. Galega,
- Club Rítmica Carballo e
- Escolas Balonmán Xiria.
Co premio Pedras Brancas, que leva o nome do antigo campo de fútbol carballés, preténdese recoñecer o equipo ou a entidade que máis se distinguira no último ano pola súa actuación deportivo-competitiva en calquera ámbito, un galardón ao que optan:
- O Bergantiños Feminino,
- O conxunto alevín promoción do Club Rítmica Carballo
- O equipo absoluto masculino do club Sysca,
- O Garaysa Show de Escola Lubiáns,
- O Energimac Escola Lubiáns e
- O Escola Lubiáns Sénior Liga Ok Bronce.
Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 7 para a categoría Arsenio Iglesias, coa que se distinguirá ao mellor adestrador ou a mellor adestradora da tempada:
- Pastor Antonio Carracedo Muiño, do Club Taekwondo ITF Carballo;
- Arturo Ferraces Martínez, da Escola Basket Xiria;
- Héctor García Soto, da Agrupación Deportiva Fogar;
- Carla Jove Filgueiras, do Club Rítmica Carballo;
- Jorge Lamas López, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe;
- Diego López Rey, de SYSCA, e
- Sergio Quintela Díaz, da FESSGA (Federación Galega de Salvamento e Socorrismo).
A mellor Deportista
As cinco candidatas aos I Premios do Deporte Concello de Carballo na categoría de mellor deportista carballesa son:
- Ruth Fuentefría Sánchez, de Halterofilia Coruña;
- Andrea Goimil Liñares, do Sysca;
- María Rey Villar, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe;
- Elena Vázquez Brandón, do Deportivo da Coruña, e
- Lucía Velo Garda, do Hóckey Club Raxoi,
Os mellor Deportista
Os nove candidatos, a categoría máis disputada dos I Premios do Deporte Concello de Carballo, ao premio de Melor Deportista, son:
- Manuel Carracedo Trigo, do Club Taekwondo ITF Carballo;
- Rubén Castro Andrade, do Molins Team Kick Boxing;
- Alejandro Felpeto Gesto, do Karate-Do Carballo;
- Xan Lamas Serrano, do Club Nauga;
- Mateo Pallas, do Cangas Frigoríficos del Morrazo;
- Tomás Pombo Álvarez, do CC Padronés Cortizo-Movistar Team Academy UCI;
- Andrés Prieto Villar, da Agrupación Deportiva Fogar;
- Javier Ramilo Queijo, de Yacar Racing,
- Iván Amor Torres Louzao, do Gestión y Calor Córdoba,
Unha vida dedicada ao Deporte
Nesta primeira edición presentáronse seis candidaturas:
- Manuel Cantelar Varela, que foi xogador de baloncesto en cadeira de rodas durante 27 anos e fundador da Agrupación Deportiva Un Paso Máis;
- José Manuel Ferreiro Negreira, redactor deportivo en varios medios de comunicación locais;
- José Carlos Mancebo Porteiro, presidente fundador da Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude;
- Mariano Muñiz Regueira, ex xogador, adestrador e delegado do Bergantiños FC;
- Gema Paz Bello, profesora de Educación Física no IES Alfredo Brañas durante máis de corenta anos e fundadora-presidenta da Agrupación Deportiva Xiria,
- Agustín Trigo Vitureira, cunha traxectoria moi destacada no taekwondo e impulsor desta arte marcial no concello.
A Gala
Os premios serán entregados na gala que se celebrará o venres 19 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.
Ademais das dúas categorías indicadas tamén se entregarán premios á mellor deportista e ao mellor deportista locais, á mellor e ao mellor deportistas promesas, ao mellor adestrador ou adestradora, e tamén a institución ou entidade que máis se distinga pola súa colaboración co deporte carballés e a unha vida dedicada ao deporte. Nas bases tamén se establece a posibilidade de mencións especiais.


