Sufocan un incendio nun ático do casco urbano de Carballo
24 de outubro de 2024 (18:16 h.)
Sufocan un incendio nun ático do casco urbano de Carballo
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo participaron pasado o mediodía de hoxe nun operativo dirixido á extinción dun lume que afectou a un ático na rúa Reus, no concello de Carballo.
O operativo estivo dirixido á extinción das chamas e á comprobación das medidas de seguridade.