Sufocan un incendio nunha nave de Bértoa

Tiveron que acodir esta mañá os Bombeiros de Carballo ao Polígono de Bértoa para sufocar o incendio acontecido nunha nave dunha empresa de transportes. Á súa chegada xa o persoal da empresa conseguira apagar o lume, pero a nave está chea de fume.

O lume propagárase dende unha cabeza tractora situada no fondo da nave e o lume afectou a un gadabarros e varios equipos do vehículo. Non houbo persoas afectadas e descoñécese a orixe do lume xa que nese momento non había persoal traballando nesa zona da instalación.