Os traballadores da recollida do lixo de Carballo sacan a súa loita á rúa
11 de xullo de 2024 (14:12 h.)
Este mediodía de xoves, os traballadores da recollida de lixo de Carballo saíron á rúa para reclamar o desbloqueo da negociación colectiva. Partiron da praza o Concello para rematar berrando, diante das oficinas da UTE Carballo-Urbaser (situadas na rúa Desiderio Varela) esixindo que a empresa presente unha proposta digna que permita avanzar nun acordo que poña fin ao conflito.
Ao longo da semana os representantes sindicais presentaban o novo calendario de folga, que se desenvolven ata as 15:00 horas do xoves 18 de xullo.