UCIN Galicia demanda unha solución urxente para a situación crítica da pechada lagoa de Baldaio
É grave o estado no que que se atopa a lagoa de Baldaio, tras permanecer máis de dous meses sen conexión co mar debido á acumulación de area que bloquea o seu canal natural. Unha situación que xa tivo lugar noutros anos que se solventa abrindo con métodos mecánicos unha canle entre lagoa e Atlántico.
Esta barreira provoca o estancamento da auga, poñendo en serio risco o equilibrio ecolóxico do humidal, catalogado como espazo protexido dentro da rede Natura 2000 e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Ademais, a falta de intercambio mariño-dulce afecta directamente á actividade marisqueira, fundamental para a economía local, como pasou en 2020, onde tivo unhar unha verdadeira matanza de animais mariños.
Xa llo trasladou o Concello de Carballo á Xunta, que segue sen realizar ningunha actividade. Por iso, Unión de Ciudadanos Independientes de Galicia (UCIN Galicia), a través do seu coordinador, José Luis Calo reclama que as administracións con competencias actúen de maneira inmediata e coordinada para abrir un canal estable que garanta a circulación natural da auga e permita preservar tanto os valores ambientais da lagoa coma os intereses socioeconómicos das familias que dependen dela.
“Non podemos permitir que a lagoa de Baldaio siga a deteriorarse mentres as administracións miran para outro lado. Esiximos unha resposta urxente e eficaz para recuperar a súa conexión co mar e garantir a súa conservación”, afirmou Calo.
UCIN Galicia lembra que xa existen precedentes de actuacións urxentes nesta contorna, e que o atraso actual só contribúe a agravar os danos ambientais e económicos.