Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A Xunta volve abrir artificialmente a Lagoa de Baldaio

Rotura Baldaio
Comitiva política en Baldaio
A Xunta volve abrir artificialmente a Lagoa de Baldaio

Procedeu, como vén facendo nos últimos anos, a Xunta, a abrir artificialmente a lagoa de Baldaio. Semella que non consegue colmatar por si soa, como si fai a das Xalfas no fermoso fenómeno do ingüeiro, e por Carballo, a Xunta acode para “proceder á súa apertura para restaurar o fluxo de auga e garantir o equilibrio do ecosistema”.

A comitiva da Xunta explicou que, aínda que o nivel de auga non é crítico, “tomouse a decisión de actuar porque a acumulación de área na conexión do humidal co mar é importante”. Deste xeito, logo de analizar a tabra de mareas, procedeuse a comezar os traballos de retirada de area a primeira hora da mañá para reducir a afluencia de público no momento da apertura.

Rompen a lagoa de Baldaio

Explicación

O humidal da lagoa de Baldaio, que está incluída na ZEC Costa da Morte, formouse na parte posterior dunha gran barreira de area que percorre a praia da contorna. Esa barreira litoral tende a reter as augas pluviais e de escorrentía procedente do continente e tamén regula un fluxo profundo entre estas e as augas mariñas.
Desde a súa inclusión na Rede Natura 2000 o humidal sufriu distintas actuacións tanto para mellorar as súas características ecolóxicas e paisaxísticas, como para racionalizar o uso marisqueiro.

O humidal segue sendo de alimentación mixta, mantendo a conexión permanente ou case permanente co mar a través da antiga “presa” existente nun dos extremos, que carece agora de comportas, e pola que se produce o fluxo superficie de augas mariñas e continentais entre o mar e o humidal, e cuxo fluxo se ve favorecido polo control da presa interna, e pola existencia dun pozo profundo próximo á mesma. A permanencia de auga determina a presencia de distintos tipos de ecosistemas característicos dos humidais litorais de augas con diferente grao de salinidade.

Comentarios