Mañá, día 30, remata o prazo para participar no II concurso de fotografía que organiza a asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Bergantiños - Afaber - baixo a temática "O Alzheimer en familia".
As imaxes publicaranse no perfil de Facebook de Afaber entre o 3 e o 10 de outubro e aquela fotografía que dispoña do maior número de gústames formará parte do grupo de imaxes finalistas que optará a uns dos premios. O primerio premio consiste nunha cámara instantánea, un album fotoportada e unha peza de olería de Buño. O segundo clasificado recibirá un marco dixiral, un album fotoportada e unha peza de olería de Buño. Mentras que o terceiro premio obterá unha bolsa portacámara, un trípode e unha peza de olería de Buño.
Os interesados en participar no concurso fotográfico poden achegarse ata o local da asociación, situado na rúa Camelias número 2, baixo de Carballo, de luns a venres en horario de 16 a 20 horas, ou chamar a calquera dos seguintes teléfonos: 981 75 85 45; 625 980 691; 630 667 448.
Fonte