venres. 16.05.2025
El tiempo

Últimos días para participar no II concurso de fotografía de Afaber

Últimos días para participar no II concurso de fotografía de Afaber
concurso fotografia afaber carballo Mañá, día 30, remata o prazo para participar no II concurso de fotografía que organiza a asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Bergantiños - Afaber - baixo a temática "O Alzheimer en familia". As imaxes publicaranse no perfil de Facebook de Afaber entre o 3 e o 10 de outubro e aquela fotografía que dispoña do maior número de gústames formará parte do grupo de imaxes finalistas que optará a uns dos premios. O primerio premio consiste nunha cámara instantánea, un album fotoportada e unha peza de olería de Buño. O segundo clasificado recibirá un marco dixiral, un album fotoportada e unha peza de olería de Buño. Mentras que o terceiro premio obterá unha bolsa portacámara, un trípode e unha peza de olería de Buño. Os interesados en participar no concurso fotográfico poden achegarse ata o local da asociación, situado na rúa Camelias número 2, baixo de Carballo, de luns a venres en horario de 16 a 20 horas, ou chamar a calquera dos seguintes teléfonos: 981 75 85 45; 625 980 691; 630 667 448. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Afaber
 

Comentarios