O único ocupante do vehículo, que resultou ileso, puido sair do coche axudado por outros condutores. Imaxe: Bombeiros de Carballo
Ao redor das 16:00 horas de hoxe, os equipos de emerxencias recibían a chamada solicitando a súa intervención despois de que un vehículo saría da vía e posteriormente envorcase xusto antes da ponte do río Bardoso, na estrada de Sofán a A Piña (DP-1907).
Ata o lugar do sinistro desprazouse un equipo do parque de Bombeiros de Carballo que colaboraron nas labores de retirada do vehículo unha vez que se comprobou que o único ocupante do coche se atopa ben e que non necesitaba asistencia ainda que posteriormente foi examinado por persoal sanitario que se desprazou ata o lugar do accidente . O conductor saiu do coche axudado por outro conductores que pararon ao ver o accidante e antes de que chegaran os equipos de emerxencias.