Un conductor resulta ileso tras volcar no seu coche na ponte do río Bardoso
20:04 27/07/18
O único ocupante do vehículo, que resultou ileso, puido sair do coche axudado por outros condutores. Imaxe: Bombeiros de Carballo
Ao redor das 16:00 horas de hoxe, os equipos de emerxencias recibían a chamada solicitando a súa intervención despois de que un vehículo saría da vía e posteriormente envorcase xusto antes da ponte do río Bardoso, na estrada de Sofán a A Piña (DP-1907).
Ata o lugar do sinistro desprazouse un equipo do parque de Bombeiros de Carballo que colaboraron nas labores de retirada do vehículo unha vez que se comprobou que o único ocupante do coche se atopa ben e que non necesitaba asistencia ainda que posteriormente foi examinado por persoal sanitario que se desprazou ata o lugar do accidente . O conductor saiu do coche axudado por outro conductores que pararon ao ver o accidante e antes de que chegaran os equipos de emerxencias.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/un-mozo-resulta-ferido-de-gravidade-despois-de-salirse-da-via-en-vimianzo/ “Novo accidente mortal na costa do Carrizal” — Que pasa na costa “Un accidente de dous camións corta a AC552 durante varias horas” — Que pasa na costa “Falecen dous irmáns de Carnota nun accidente de tráfico” — Que pasa na costa “Aparatoso accidente en cadea en Laxe” — Que pasa na costa Fonte- Redacción QPC ([email protected])
- Bombeiros de Carballo