Un espectacular programa dos Venres Culturais enche Carballo de propostas “cool”

Xa están á venda as entradas e bonos, por primeira vez a través de Ticketea, para os Venres Culturais de Carballo. Ese singular programa de propostas que trae o Concello de Carballo para encher os meses de febreiro e marzo antes da Semana Santa. Este ano ponse máis “cool” que nunca, con 5 eixos cine, teatro, música e arte as fines de semana do inverno: • CINE. A segunda edición do ciclo Amal en Ruta está a celebrarse dende o día 17 con moi boa acollida, xa que nas dúas proxeccións realizadas ata o momento, unha na Biblioteca Rego da Balsa e outra no Pazo da Cultura, practicamente houbo cheo. Estes dous espazos son os dous grandes centros das actividades, porque, como sinalou o alcalde, “queremos que sexan a referencia da actividade cultural en Carballo”. • TEATRO. Mofa e Befa, Teatro do Atlántico, Talía Teatro e Eme2 son as catro consolidadas e coñecidas compañías galegas que pasarán polos Venres Culturais para achegarnos os espectáculos máis novidosos. • MÚSICA. A variedade e a calidade son as características do programa musical, que comezará con Nani García Trío e o seu indie-jazz, pero que ademais inclúe o interesantísimo proxecto de Escuchando Elefantes e, como non, todo un clásico: o RockCarballo, que, como apuntou Marcos Trigo, “permitiranos comprobar en directo a vitalidade do panorama musical carballés” con Amenaza de Muerte, The Cerne, Strobos, Quercus Blues, EOE e Versión Imposible. • En FAMILIA. Os domingos están reservados para a cultura en familia. Arrancaremos xa o 27 de xaneiro con Teatro dos Ghazafelhos, pero entre febreiro e marzo pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura Baobab Teatro, Pata Teatro, Teatro ó Cubo e a Aula de Teatro Municipal, que ofrecerá dúas funcións (16 e 17 de marzo) de “A bonitísima historia da princesa Maricarmen”. • EXPOSICIÓNS. A arte é a quinta pata dos Venres Culturais, este ano coas caricaturas de Siro López, que poden verse xa no Pazo; o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pado e o Premio de Gravado Jesús Núñez; as fotografías de Marcos Rodríguez e a exposición conmemorativa do 20º aniversario do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

Programa

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-volve-ser-parada-do-ciclo-de-cine-euroarabe-amal/