Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un espectacular programa dos Venres Culturais enche Carballo de propostas “cool”

Un espectacular programa dos Venres Culturais enche Carballo de propostas “cool”
Venres Culturais Carballo febreiro marzo 2019 Xa están á venda as entradas e bonos, por primeira vez a través de Ticketea, para os Venres Culturais de Carballo. Ese singular programa de propostas que trae o Concello de Carballo para encher os meses de febreiro e marzo antes da Semana Santa. Este ano ponse máis “cool” que nunca, con 5 eixos cine, teatro, música e arte as fines de semana do inverno: • CINE. A segunda edición do ciclo Amal en Ruta está a celebrarse dende o día 17 con moi boa acollida, xa que nas dúas proxeccións realizadas ata o momento, unha na Biblioteca Rego da Balsa e outra no Pazo da Cultura, practicamente houbo cheo. Estes dous espazos son os dous grandes centros das actividades, porque, como sinalou o alcalde, “queremos que sexan a referencia da actividade cultural en Carballo”. • TEATRO. Mofa e Befa, Teatro do Atlántico, Talía Teatro e Eme2 son as catro consolidadas e coñecidas compañías galegas que pasarán polos Venres Culturais para achegarnos os espectáculos máis novidosos. • MÚSICA. A variedade e a calidade son as características do programa musical, que comezará con Nani García Trío e o seu indie-jazz, pero que ademais inclúe o interesantísimo proxecto de Escuchando Elefantes e, como non, todo un clásico: o RockCarballo, que, como apuntou Marcos Trigo, “permitiranos comprobar en directo a vitalidade do panorama musical carballés” con Amenaza de Muerte, The Cerne, Strobos, Quercus Blues, EOE e Versión Imposible. • En FAMILIA. Os domingos están reservados para a cultura en familia. Arrancaremos xa o 27 de xaneiro con Teatro dos Ghazafelhos, pero entre febreiro e marzo pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura Baobab Teatro, Pata Teatro, Teatro ó Cubo e a Aula de Teatro Municipal, que ofrecerá dúas funcións (16 e 17 de marzo) de “A bonitísima historia da princesa Maricarmen”. • EXPOSICIÓNS. A arte é a quinta pata dos Venres Culturais, este ano coas caricaturas de Siro López, que poden verse xa no Pazo; o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pado e o Premio de Gravado Jesús Núñez; as fotografías de Marcos Rodríguez e a exposición conmemorativa do 20º aniversario do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Venres Culturais Carballo febreiro marzo 2019-Exposicions

Programa

Venres Culturais Carballo 2019 Febreiro 2019 Venres Culturais Carballo marzo 2019

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-volve-ser-parada-do-ciclo-de-cine-euroarabe-amal/

Comentarios