O sinistro prodúxose sobre as 19:45 horas na estrada AC-552
Sobre as 19:45 horas de hoxe, produciase un accidente na estrada AC-552 á altura da localidade carballesa de Bértoa no que se viron implicados dous vehículos.
A consecuencia do impacto, o conductor dun dos coches tivo que ser trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña - CHUAC -.
Estado no que quedou un dos vehículos implicados no accidente
Ata o lugar desprazáronse varios equipos de emerxencias entre os que estaban os Bombeiros de Carballo que se encargaron da limpeza da estrada. Tamén asistiron membros da Policía Local e da Garda Civil de Carballo e Atestados.