Un ferido nunha colisión entre dous vehículos en Bértoa
23:47 19/01/17
O sinistro prodúxose sobre as 19:45 horas na estrada AC-552
Sobre as 19:45 horas de hoxe, produciase un accidente na estrada AC-552 á altura da localidade carballesa de Bértoa no que se viron implicados dous vehículos.
A consecuencia do impacto, o conductor dun dos coches tivo que ser trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña - CHUAC -.
Estado no que quedou un dos vehículos implicados no accidente
Ata o lugar desprazáronse varios equipos de emerxencias entre os que estaban os Bombeiros de Carballo que se encargaron da limpeza da estrada. Tamén asistiron membros da Policía Local e da Garda Civil de Carballo e Atestados.
Accidentes 2017
- 10-01-17: Noite de accidentes
- 08-01-17: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Bombeiros de Cee e Carballo.