Un incendio no centro de Carballo causa dous feridos

Novo incendio urbano na comarca. Se a semana pasada era unha vivenda en Corcubión a que rematada calcinada, este mediodía o lume arrasou un piso no centro de Carballo. Un particular alertaba ao 112 arredor das 14:30h, cando saía fume do nº7 da rúa Desiderio Varela. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Carballo, a Proteccion Civil, a Policía Local e Urxencias Médicas, que tiveron que tratar a dous feridos.

Unha das persoas afectadas tivo que ser trasladada polos Servizos de Urxencias ao Hospital, mentres que a segunda, con queimaduras de caracter leve na faciana, foi tratada no lugar.

Aínda non se coñece o alcance do incendio, pois os bombeiros seguen na zona, pero parece que danou practicamente toda a vivenda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).