Mércores. 08.07.2020
El tiempo

Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga

Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga
Incendio dun coche en Malpica

Un turismo Peugeot 508, propiedade dun veciño de Carballo, quedou reducido a cinzas nun incendio espontáneo que se produciu arredor das seis da tarde en Seiruga e no que non houbo que lamentar danos persoais. O condutor estacionou para tirar lixo nun colector situado xunto ao cruceiro de Seiruga, e cando abriu o maleteiro o coche empezou a arder de repente por causas que aínda se descoñecen.

Tanto o colectivo coma o vehículo quedaron reducidos a cinzas en cuestión de minutos, malia a intervención de efectivos do parque de bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, Protección Civil e Policía Local de Malpica. Ata o lugar dos feitos acudiu tamén o tenente de alcalde, Miguel Fernández, que casualmente estaba supervisando unas obras a pouca distancia.

Fonte

  • Concello de Malpica.

comentarios