Un novo accidente laboral deixa un novo falecido en Carballo

Esta pasada fin de semana deixaba un falecido en Razo, Carballo, nun novo accidente laboral. O traballador, de 46 anos residente en Miño, caía dunha altura de 9 metros cando traballaba nun transformador da luz no lugar costeiro, a pesar de ter colocado o arnés.

Acodiron ao lugar a Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e Urxencias, así como un helicóptero de Salvamento que non puido chegar ao lugar por mor da tormenta. Conseguía chegar con vida ao centro hospitalario, falecendo pouco despois.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • La Voz.