Un novo accidente laboral deixa un novo falecido en Carballo
21:13 16/11/14
Esta pasada fin de semana deixaba un falecido en Razo, Carballo, nun novo accidente laboral. O traballador, de 46 anos residente en Miño, caía dunha altura de 9 metros cando traballaba nun transformador da luz no lugar costeiro, a pesar de ter colocado o arnés.
Acodiron ao lugar a Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e Urxencias, así como un helicóptero de Salvamento que non puido chegar ao lugar por mor da tormenta. Conseguía chegar con vida ao centro hospitalario, falecendo pouco despois.
Novas relacionadas
- 22-10-14: Un mozo de 35 anos perde a vida nun accidente laboral en Vimianzo.
- 08-07-14: Un accidente laboral sáldase cunha traballadora ferida en Laxe.
- 17-06-14: Vimianzo, conmocionado polo falecemento do edil Ramón Santos en accidente laboral.
- 28-06-14: Falece un home de 92 anos en Ponteceso baixo o seu tractor.
- 16-06-14: Unha moza pontecesá de 21 anos falece nun accidente na AG-55.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz.