Valentín González Formoso pon en valor os 18 millóns que o Plan Único trae este ano á Costa da Morte

Visitaba onte o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o Concello de Carballo. Acompañado polo vicepresidente Xosé Regueira e o alcalde Evencio Ferrero, deron conta do Plan Único (POS+2025) nos concellos da comarca.

Un Plan que trae este curso case 18 millóns de euros para os 19 concellos daas comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Carnota-Muros e Xallas, un 72% respecto ao orzamento inicial do ano pasado.

Con esta cifra, dende 2017 o Plan Único leva investidos 158 millóns de euros, permitindo financiar 911 obras (en xeral vinculado co asfalto) e numerosos servizos públicos (gasto corrente principalmente) e programas sociais.

 

Os 19 concellos das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte recibirán un investimento récord na primeira achega do Plan Único de 2025. Carballo encabeza a listaxe con 2.400.792 euros, seguido de Vimianzo (1.320.997 €), A Laracha (1.265.833 €) e Coristanco (1.138.685 €).
Zas, Muxía, Ponteceso, Dumbría, Cabana de Bergantiños ou Cee, entre outros, tamén verán notablemente incrementadas as achegas da Deputación para acometer proxectos estratéxicos en infraestruturas, servizos sociais e dinamización local.

CONCELLO

 

POS+2025

 

TOTAL

2017-2025

 

OBRAS APROBADAS

Cabana de Bergantiños

819.407,31 €

7.050.789,28 €

37

Camariñas

604.197,28 €

4.729.528,91 €

35

Carballo

2.400.792,78 €

22.861.768,55 €

59

Carnota

Cee

631.469,00€

758.183,09 €

4.965.327,52€

6.237.403,17 €

41

53

Cerceda

881.076,65 €

7.945.454,48 €

65

Corcubión

249.647,55 €

2.044.006,46 €

21

Coristanco

1.138.685,94 €

7.925.138,98 €

42

Dumbría

879.252,04 €

7.931.284,11 €

56

Fisterra

484.320,62 €

4.024.866,09 €

32

Laxe

472.455,04 €

2.793.309,72 €

27

Laracha (A)

1.265.833,27 €

11.279.099,45 €

70

Malpica de Bergantiños

691.396,14 €

5.845.112,29 €

52

Mazaricos

Muros

Muxía

1.165.983,10

862.017,14€

976.889,18 €

8.954.507,64 

7.251.051,49 €

7.258.055,42 €

32

43

52

Ponteceso

906.948,64 €

6.379.203,47 €

22

Santa Comba

Vimianzo

1.563.606,08€

1.320.997,54 €

13.098.759,45€

11.061.298,68 €

63

66

Zas

1.065.814,90 €

8.221.302,97 €

44

TOTAIS

19.138.503,00 €

157.8572.68,13 €

911

 

Sistema "medieval" de reparto da Xunta

Evencio Ferrero, Valentín González Formoso e Xosé Regueira

Formoso aproveitou para criticar á Xunta. "Por primeira vez na historia, a Deputación da Coruña destina máis fondos para financiar os 93 concellos da provincia que a Xunta para os 313 concellos de toda Galicia". 

E foi a máis, xa que inquerido sobre o sistema de financiamento da Deputación, Formoso destacou que "non só é cantidade de cartos que se destinan, senón a maneira". "Dános igual quen goberne en Corcubión, en Lousame ou en Narón. Financiamos en base a parámetros obxectivos como a extensión, a poboación, o número de parroquias, os quilómetros de vías que se teñen que manter... É todo en base a un cálculo matemático obxectivo", explicou o presidente.

En contraposición, explicou Formoso, "a Xunta de Galicia convoca aos seus alcaldes con premeditación e aleivosía para avisar que un día concreto sae unha subvención e faino en concorrencia non competitiva, polo que o primeiro que presente a súa solicitude leva os cartos autonómicos". "Parece un sistema medieval, non do século XXI. Non é a Galicia que garanta dereitos iguais en cada punto cardinal do país", lamentou.