Vieiro imparte talleres afectivo-sexuais nos centros de ensino carballeses

Canta falta algo de educación sexual no servizo de ensino público, para que a rapazada non teña que aprender a base de porno. Nesa situación, faise necesaria a chegada da Asociación Vieiro, dentro da programación no ámbito educativo, co programa de educación afectivo-sexual: “Quereme Ben” co alumnado de 3º e 4º de ESO.

O obxectivo deste programa preventivo é incrementar o nivel de coñecementos, habilidades e desenvolvemento de actitudes que contribúan a elevar o nivel de saúde sexual da poboación adolescente, promovendo a redución de condutas de risco na prevención de embarazos non desexados, así como de enfermidades. de transmisión sexual.

“Quereme Ben” concíbese como unha ferramenta destinada a facilitar a posta en marcha de procesos de educación afectivo-sexual, tratando de proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir habilidades para desenvolver unha vida emocional responsable, satisfactoria e igualitaria.

Este programa realízase en formato obradoiro. Consta de 4 sesións de 55 minutos de duración que se imparten semanalmente.