Vieiro oferta o seu programa “Xogo Limpo” aos clubs

Unha sesión de Vieiro no local social da SD Sofán

”Xogo Limpo” consta dunha serie de charlas nas que as profesionais da Asociación Vieiro abordan as condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancia e o uso das novas tecnoloxías. Xa percorre os centros de ensino, pero a entidade ofrece tamén aos clubs deportivos carballeses a posibilidade de dar esas sesións, con charlas destinadas aos responsables como con talleres para os rapaces.

Nos talleres, de 1 h e 30 de duración aproximada, abórdanse as temáticas adaptadas a cada grupo de idade para potenciar os factores de protección fronte ás condutas de risco. Nestas xornadas trátase a prevención do consumo de @sustancia, a potenciación de habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais e os riscos asociados ao mal uso das novas tecnoloxías.

Aqueles clubs que estean interesados en participar neste programa, totalmente gratuito, pódense poñer en contacto coa Asociación Vieiro a través do 981.75.61.61, de vieiro@vieiro.org ou por WhatsApp 604.07.58.15.