Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vieiro oferta o seu programa “Xogo Limpo” aos clubs

Vieiro coa SD Sofan
Unha sesión de Vieiro no local social da SD Sofán
Vieiro oferta o seu programa “Xogo Limpo” aos clubs

”Xogo Limpo” consta dunha serie de charlas nas que as profesionais da Asociación Vieiro abordan as condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancia e o uso das novas tecnoloxías. Xa percorre os centros de ensino, pero a entidade ofrece tamén aos clubs deportivos carballeses a posibilidade de dar esas sesións, con charlas destinadas aos responsables como con talleres para os rapaces.

Nos talleres, de 1 h e 30 de duración aproximada, abórdanse as temáticas adaptadas a cada grupo de idade para potenciar os factores de protección fronte ás condutas de risco. Nestas xornadas trátase a prevención do consumo de @sustancia, a potenciación de habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais e os riscos asociados ao mal uso das novas tecnoloxías.

Aqueles clubs que estean interesados en participar neste programa, totalmente gratuito, pódense poñer en contacto coa Asociación Vieiro a través do 981.75.61.61, de [email protected] ou por WhatsApp 604.07.58.15.

Comentarios