Vieiro tamén fala de sexualidade nas escolas
Unha das temáticas que sempre se lle acusa ao sistema educativo de non tratar é a sexualidade. Para paliar esta carencia, a Asociación Vieiro está levando unha serie de charlas aos centros de ensino de Carballo no marco do seu programa educativo. Desta volta trátase do programa de educación afectivo-sexual: “Quéreme Ben”, que está desenvolvendo co alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria.
”Trata de proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir capacidades para desenvolver unha vida afectiva responsable, satisfactoria e en igualdade”. A intención é falar as cousas con claridade para elevar o nivel de saúde sexual na poboación adolescente propiciando a disminución das condutas de risco na prevención de embarazos non desexados, así como enfermidades de transmisión sexual”.
Accións de Vieiro
- Vieiro leva as emocións d@s amig@s da horta ata ás escolas.
- Vieiro leva o Triángulo da Saúde aos IES carballeses.
- Vieiro conciencia sobre o uso axeitado das redes nos IES de Carballo.
- Aprendendo a identificar as emocións coas amigas da horta.