Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vieiro leva o Triángulo da Saúde aos IES carballeses

PATRICIA Rodriguez Villar de Vieiro-Carballo
Patricia Rodríguez Villar
Vieiro leva o Triángulo da Saúde aos IES carballeses

A pasada semana a Asociación Vieiro arrincaba nos institutos de Carballo o programa de Habilidades Sociais e Persoais “O Triángulo da saúde”. Destinado ao alumnado de 1º e 2º da ESO, e no marco do programa de prevención escolar, a profesional Patricia Rodríguez Villar desenvolve as sesións semanais nos IES carballeses.

O proxecto divídese en tres bloques, con 4 sesións sobre habilidades sociais (que axudan a proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria); 2 sesións chamadas “Des-conecta” (que dota aos alumnos/as de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable); e outras dúas sesións co lema “Ti elixes” (que facilitan o alumnado información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os xoves podan tener acceso).

Novas relacionadas

Comentarios