Xa á venda as entradas para a estrea de "Territorio Regueifa"

Foto d@s 3 regueifeir@s protagonistas con Xose A. Touriñán no FIOT 34© Vanessa Rabade_
Hoxe  xoves, 22 de xaneiro, ás 10.00h, saen á venda as entradas para ‘Territorio Regueifa’, que se estrea no marco do FIOT, no Pazo da Cultura de Carballo, o venres 6 de febreiro. Será a través da plataforma Ataquilla:

O prezo das entrada xeral é de 10 €. As persoas socias da AC Telón e Aparte terán un desconto, aplicando antes da compra o código que recibiron no seu correo como socias (só poderán mercar unha entrada con desconto).

‘Territorio Regueifa’ é unha coprodución FIOT xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada polos regueifeiros Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.