Xa á venda as entradas para a estrea de "Territorio Regueifa"
07:44 22/01/26
Hoxe xoves, 22 de xaneiro, ás 10.00h, saen á venda as entradas para ‘Territorio Regueifa’, que se estrea no marco do FIOT, no Pazo da Cultura de Carballo, o venres 6 de febreiro. Será a través da plataforma Ataquilla:
O prezo das entrada xeral é de 10 €. As persoas socias da AC Telón e Aparte terán un desconto, aplicando antes da compra o código que recibiron no seu correo como socias (só poderán mercar unha entrada con desconto).
‘Territorio Regueifa’ é unha coprodución FIOT xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada polos regueifeiros Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

