O Xestal de Yoseba MP xa loce na escola unitaria de Mirón

Yoseba MP co mural do Xestal

Unha das fachadas da escola unitaria de Mirón (Bértoa), no cruzamento das rúas Francisco Miguel e Carlos O Xestal, xa ten o seu mural. Tras 6 días de traballo Yoseba Muruzábal asinaba esta nova peza do museo aberto no que se ten convertido Carballo adicada ao Xestal. "O Xestal xa fixo a fotomontaxe por min”, sinalaba en relación ao debuxo, relativo á portada da cassette "Se eu fose crego".

O mural promovido pola Concellería de Promoción Económica, afonda no Ano do Xestal, e contou coa colaboraciñon de Pinturas Kromo, que cedeu todo o material preciso para pintalo.