O Xestal de Yoseba MP xa loce na escola unitaria de Mirón

09:19 26/05/23
Unha das fachadas da escola unitaria de Mirón (Bértoa), no cruzamento das rúas Francisco Miguel e Carlos O Xestal, xa ten o seu mural. Tras 6 días de traballo Yoseba Muruzábal asinaba esta nova peza do museo aberto no que se ten convertido Carballo adicada ao Xestal. "O Xestal xa fixo a fotomontaxe por min”, sinalaba en relación ao debuxo, relativo á portada da cassette "Se eu fose crego".
O mural promovido pola Concellería de Promoción Económica, afonda no Ano do Xestal, e contou coa colaboraciñon de Pinturas Kromo, que cedeu todo o material preciso para pintalo.