10 anos de Xuntanza Cabalar en Muros e Carnota
Xa van alá dez anos nos que, a primeiros de Maio, a Asociación Cabalar Xuntanza, organiza unha ruta chea de encanto polos concellos de Muros e Carnota. Percorren os montes destas terras cunha curta cabalgada pola Praia de Carnota nun percorrido de 30 Km. en total.
Así sucederá este vindeiro 1 de maio cando a expedición cabalar saia ás 10:30h do Parque Empresarial de Muros. A primeira parada farase no Concello de Carnota, en agradecemento a súa colaboración, nun marco incomparable, Mar de Lira para posteriormente, chegar ata o restaurante A Vouga, no Concello de Muros e comer alí, dando por rematada a xuntanza.
Na foto podemos ver unha fermosa estampa do ano pasado cando máis de 170 cabalos asaltaron a praia de Carnota.
Máis información e inscrición
A inscrición está aberta a persoas de tódalas idades que desexen disfrutar da beleza desta paisaxe a lomos dun cabalo. Poderán poñerse en contacto por email xuntanzacabalar@live.com ou chamando o seguinte número de teléfono 625 533 958.
Novas relacionadas
- 27-07-10: Un paseo na I Marcha Cabalar Parroquia de Brens .
- A carreira máis salvaxe do verán: A Carreira de Burros de Ameixenda .
- 11-04-10: 170 cabalos disfrutaron da beleza de Carnota e Muros.
- Vídeos de Francisco Santiago López: O garañón da Costa da Morte.
Fonte
- Concello de Muros e Carnota.