mércores. 18.06.2025
El tiempo

10 anos de Xuntanza Cabalar en Muros e Carnota

10 anos de Xuntanza Cabalar en Muros e Carnota

Xa van alá dez anos nos que, a primeiros de Maio, a Asociación Cabalar Xuntanza, organiza unha ruta chea de encanto polos concellos de Muros e Carnota. Percorren os montes destas terras cunha curta cabalgada pola Praia de Carnota nun percorrido de 30 Km. en total.

Así sucederá este vindeiro 1 de maio cando a expedición cabalar saia ás 10:30h do Parque Empresarial de Muros. A primeira parada farase no Concello de Carnota, en agradecemento a súa colaboración, nun marco incomparable, Mar de Lira para posteriormente, chegar ata o restaurante A Vouga, no Concello de Muros e comer alí, dando por rematada a xuntanza.

Na foto podemos ver unha fermosa estampa do ano pasado cando máis de 170 cabalos asaltaron a praia de Carnota.

Máis información e inscrición

A inscrición está aberta a persoas de tódalas idades que desexen disfrutar da beleza desta paisaxe a lomos dun cabalo. Poderán poñerse en contacto por email xuntanzacabalar@live.com ou chamando o seguinte número de teléfono 625 533 958.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muros e Carnota.

Comentarios