A ESMU de Carnota por fin estrea edificio propio
Se algo funciona, por que cambialo? En Carnota teñen claro cal é o seu éxito, e por iso manteñen as ideas principais, asi como o elenco de mestres, para o comezo do novo curso na Escola de Música. Pero non fican quedos, e seguen mellorando en infraestruturas. Por fin estrea edificio propio. As novas instalacións da ESMU están no Viso, e conta cunhas condisións inmellorables.
O curso arrancará o vindeiro luns 2 de outubro cunha reunión de pais/nais e alumnado ás 7:30 h da tarde no salón de actos do Concello para falar do curso, das novidades, dos horarios, etc.
O elenco de mestres vén sendo o mesmo que nos últimos anos. Son Castor Montes (guitarra e baixo), Carlos González (batería, percusión e combos), Moncho Domínguez (gaita, pandeireta, percusión tradicional e coral polifónica), Pilar García(Iniciación musical, linguaxe, canto, orquesta infantil e coro) e Alianza Uhía (dirección, linguaxe e piano).
Coas matrículas pechadas, contamos con 161 alumnos inscritos. Unha cifra récord, superamos os 152 que conseguíramos no curso 2010/2011.
Novas relacionadas
- A ESMU de Carnota quere cantar en clave reggae.
- A Esmu de Carnota puxo o broche de ouro ao curso enchendo o local da Pedramar.
- 2017: Aberto o prazo para a segunda edición do concurso infantil “Quero Cantar”.
- 2016: Colaxe gaña a primeira edición do concurso de música infantil Quero Cantar
- O Manuela Rial, á final do concurso Quero Cantar
- Cee, Carnota e Laxe queren cantar!.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)