xoves. 01.05.2025
El tiempo

A ESMU de Carnota por fin estrea edificio propio

A ESMU de Carnota por fin estrea edificio propio
ESMU Viso Novo edificio da ESMU no Viso

Se algo funciona, por que cambialo? En Carnota teñen claro cal é o seu éxito, e por iso manteñen as ideas principais, asi como o elenco de mestres, para o comezo do novo curso na Escola de Música. Pero non fican quedos, e seguen mellorando en infraestruturas. Por fin estrea edificio propio. As novas instalacións da ESMU están no Viso, e conta cunhas condisións inmellorables.

O curso arrancará o vindeiro luns 2 de outubro cunha reunión de pais/nais e alumnado ás 7:30 h da tarde no salón de actos do Concello para falar do curso, das novidades, dos horarios, etc.

O elenco de mestres vén sendo o mesmo que nos últimos anos. Son Castor Montes (guitarra e baixo), Carlos González (batería, percusión e combos), Moncho Domínguez (gaita, pandeireta, percusión tradicional e coral polifónica), Pilar García(Iniciación musical, linguaxe, canto, orquesta infantil e coro) e Alianza Uhía (dirección, linguaxe e piano).

Coas matrículas pechadas, contamos con 161 alumnos inscritos. Unha cifra récord, superamos os 152 que conseguíramos no curso 2010/2011.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios