A mostra Víndemo Ver permitirá disfrutar dunha Andaina polo Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota

Despois do anuncio de dúas das grandes citas da Semana Santa de Carnota (a VII Ruta BTT e a VI Carreira Viquinga), toca espazo para os camiñantes. Xa está aberto o prazo de inscrición para a Andaina polo Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota.

Levarase a cabo o sábado 31 de marzo e terá a saída na Casa do Concello ás 10:00. A distancia será de 13 km aproximadamente, cunha dificultade media. É unha ruta circular onde acabaremos no lugar de partida e poder disfrutar da feira de artesanía.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo e un avituallamento. Tamén disporán de duchas no pavillón.

As inscricións realizaranse enviando un email a deportes@carnota.es ou chamando ó 981857032 Ext. 4.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).