Aberta a inscrición da XI Trail Viquinga de Carnota

O Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club O Jerreiro organizan o vindeiro domingo 31 de maio a XI Trail Viquinga, unha das probas deportivas máis destacadas do municipio, aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto menores como adultas.

A carreira contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a cada grupo de idade. Na seguinte táboa poderanse consultar as categorías, percorridos e horarios de saída:

 

CATEGORÍA

IDADES

DISTANCIA

DESNIVEL

HORARIOS

Chupete

2023 e posteriores

50 m (aprox.)

 

10:45 h

Pitufo

2019 – 2022

200 m (aprox.)

 

10:45 h

Cativos I

2015 – 2018

1 Km (aprox.)

 

10:30 h

Cativos II

2011 – 2014

3 Km (aprox.)

 

10:05 h

Trail das Medelas

A partir do 2010

13 Km (aprox.)

600+

10:00 h

Trail das Laxiñas

A partir do 2010

27 Km  (aprox.)

1450+

09:30 h

Trail das Medelas M50

1976 e anteriores

13 Km (aprox.)

600+

10:00 h

Trail das Laxiñas M50

1976 e anteriores

27 Km (aprox.)

1450+

09:30 h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todas as probas terán a súa saída desde o Pavillón de Lamas de Castelo, onde tamén se habilitarán as mesas de recollida de dorsais. A entrega de dorsais realizarase a partir das 08:00 horas, podendo retirarse ata 15 minutos antes do inicio da proba correspondente.

 

INSCRICIÓNS

As inscricións deberán formalizarse a través da web www.cronotec.es. O prazo permanecerá aberto ata o 27 de maio ás 23:59 horas, ou ata completar as prazas dispoñibles.

As inscricións estarán limitadas a 400 prazas para as persoas participantes nos Trails Medelas e Laxiñas e 200 prazas para as categorías base.

 

Os termos e condicións son os seguintes:

  • Prezo para maiores de 18 anos: 10 €
  • Menores: inscrición gratuíta
  • Autorización de menores: requírese autorización paterna/materna, dispoñible en cronotec.es e carnota.gal
  • Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin devolucións

A organización ofrece tamén unha comida post carreira, cun menú composto por ensaladilla, callos, carne ao caldeiro, bebida, café e postre. Os prezos son:

  • Participantes: 10 €
  • Acompañantes: 15 €

 

Localización

A saída e a recollida de dorsais terán lugar no Pavillón de Lamas de Castelo. A ubicación exacta pode consultarse aquí: https://goo.gl/maps/4boWxz4X69nYQREq9