Aberta a inscrición da XI Trail Viquinga de Carnota
O Departamento de Deportes do Concello de Carnota e o Club O Jerreiro organizan o vindeiro domingo 31 de maio a XI Trail Viquinga, unha das probas deportivas máis destacadas do municipio, aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto menores como adultas.
A carreira contará con diferentes categorías e distancias adaptadas a cada grupo de idade. Na seguinte táboa poderanse consultar as categorías, percorridos e horarios de saída:
|
CATEGORÍA |
IDADES |
DISTANCIA |
DESNIVEL |
HORARIOS |
|
Chupete |
2023 e posteriores |
50 m (aprox.) |
|
10:45 h |
|
Pitufo |
2019 – 2022 |
200 m (aprox.) |
|
10:45 h |
|
Cativos I |
2015 – 2018 |
1 Km (aprox.) |
|
10:30 h |
|
Cativos II |
2011 – 2014 |
3 Km (aprox.) |
|
10:05 h |
|
Trail das Medelas |
A partir do 2010 |
13 Km (aprox.) |
600+ |
10:00 h |
|
Trail das Laxiñas |
A partir do 2010 |
27 Km (aprox.) |
1450+ |
09:30 h |
|
Trail das Medelas M50 |
1976 e anteriores |
13 Km (aprox.) |
600+ |
10:00 h |
|
Trail das Laxiñas M50 |
1976 e anteriores |
27 Km (aprox.) |
1450+ |
09:30 h |
Todas as probas terán a súa saída desde o Pavillón de Lamas de Castelo, onde tamén se habilitarán as mesas de recollida de dorsais. A entrega de dorsais realizarase a partir das 08:00 horas, podendo retirarse ata 15 minutos antes do inicio da proba correspondente.
INSCRICIÓNS
As inscricións deberán formalizarse a través da web www.cronotec.es. O prazo permanecerá aberto ata o 27 de maio ás 23:59 horas, ou ata completar as prazas dispoñibles.
As inscricións estarán limitadas a 400 prazas para as persoas participantes nos Trails Medelas e Laxiñas e 200 prazas para as categorías base.
Os termos e condicións son os seguintes:
- Prezo para maiores de 18 anos: 10 €
- Menores: inscrición gratuíta
- Autorización de menores: requírese autorización paterna/materna, dispoñible en cronotec.es e carnota.gal
- Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin devolucións
A organización ofrece tamén unha comida post carreira, cun menú composto por ensaladilla, callos, carne ao caldeiro, bebida, café e postre. Os prezos son:
- Participantes: 10 €
- Acompañantes: 15 €
Localización
A saída e a recollida de dorsais terán lugar no Pavillón de Lamas de Castelo. A ubicación exacta pode consultarse aquí: https://goo.gl/maps/