Controlado o grave incendio en Quilmas que arrasou 70 hectáreas

Incendio en Quilmas
  • Última hora (18:00): O Incendio quedou "controlado" tras arrasar unha superificie de 70 hectáreas.
  • Última hora (14:30): O incendio está "estabilizado" tras arrasar 50 hectáreas.

Esta mañá de domingo estase dando un incendio grave en Quilmas, O PIndo, Carnota. Un incendio que xa superaba ás 12:00h as 20 hectáreas, provocando o peche da AC-552 nalgún momento.

Efectivos forestais, ademais do GES de Muros, Protección Civil, Policía Local coordinan o dispositivo.

O incendio xa calificado pola Xunta #IFOPindoCarnota coincide cunha xornada de forte vento de nordés. Por momentos varias casas de Panchés quedaron moi preto do lume.

 

 



Fotos de Vicente Bernal

 

INCENDIOS 2020