Martes. 01.12.2020
El tiempo

Extinguido un incendio de Berdoias que superou as 25 hectáreas e obrigou a pechar a AC552

  • Última hora (16/07 - 19:15): Medio Rural confirma que o incendio quedou extinguido.
  • Última hora (23:30): A Xunta sinala que o incendio quedou "Controlado"
  • Última hora (20.30): Aberta a comarcal Ac552.
  • Última hora (19.30): Estabilizado, segundo Medio Rural, cunha superficie afectada de 30 hectáreas. A estrada AC552 segue pechada
Foto do incendio dende dentro de Pepe Formoso
Foto do incendio dende dentro de Pepe Formoso
Extinguido un incendio de Berdoias que superou as 25 hectáreas e obrigou a pechar a AC552

Segue activo un lume no concello de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O incendio comezou ás 15,47 h. e gracias a un forte vento de nordés, afectou  25,64 hectáreas, das cales unhas 20 corresponden a monte arborado e as 5,64 restantes a raso. No seu control levan traballado 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros (algún mesmo procedente de Laza (Ourense)).

A Estrada AC552 tivo que se pechada e o tráfico é desviado en Berdeogas e Berdoias, pero reabrise arredor das 20:30h. Os Bombeiros de Cee tiveron que custodiar o Club da Balsa, que quedou rodeado polo lume.

Arredor das 23:30h, quedou "controlado".

Unha vez superadas as 20 hectáreas Medio Rural xa o calificou como #IFBerdoiasVimianzo e ofrece información.

Incendio Berdoias-FotoPepe
Bombeiro en Berdoias-Foto: Pepe Formoso

Incendio en Berdoias-Foto- Pepe Formosos
Lugar do incendio de Berdoias-Foto-Pepe Formoso
Hai numerosos medios aéreos e dotacións de Bombeiros traballando no lugar.
A Garda Civil xa pechou a estrada Ac552. @Incendiosgalic1 @IncendiosES pic.twitter.com/jZdf5OMjOG

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Incendios 2020

comentarios