As obras da ponte do Ézaro estarán rematadas no mes de abril

Estado das obras da Ponte do EzaroFoto-Jorge castro

Continúan as obras na ponte do Ézaro, a ponte da AC-550 que une os Concellos de Dumbría e Carnota. Non corre perigo o Gran Fondo Ézaro, pois malia que houbo algúns detalles que alongaron a entrega, a empresa adxudicataria asegura que en un mes e medio deberían estar rematadas.

Unha obra que viña sendo necesaria e que está sendo desenvolta por Arias Infraestruturas, para a que a Xunta destinou 420.000 euros. A obra alongouse parque ponte ten unha serie de patoloxías, pero a día de hoxe xa está executada ao 70%, segundo nos confirma a Xunta, e estarán rematadas ao longo do mes de abril.

Ponte do Ézaro en obras -Foto-Jorge Castro

As obras consisten no selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada; fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes.

Tamén se melloran os sistemas de contención, reparación de varandas; colocación de nova barreira flexible metálica e de sinalización vertical. Están instalando ademais novos canles metálicos das canalizacións eléctricas e de telefonía e unha iluminación artística da ponte.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).