As obras da ponte do Ézaro estarán rematadas no mes de abril
Continúan as obras na ponte do Ézaro, a ponte da AC-550 que une os Concellos de Dumbría e Carnota. Non corre perigo o Gran Fondo Ézaro, pois malia que houbo algúns detalles que alongaron a entrega, a empresa adxudicataria asegura que en un mes e medio deberían estar rematadas.
Unha obra que viña sendo necesaria e que está sendo desenvolta por Arias Infraestruturas, para a que a Xunta destinou 420.000 euros. A obra alongouse parque ponte ten unha serie de patoloxías, pero a día de hoxe xa está executada ao 70%, segundo nos confirma a Xunta, e estarán rematadas ao longo do mes de abril.
Ponte do Ézaro en obras -Foto-Jorge CastroAs obras consisten no selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada; fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes.
Tamén se melloran os sistemas de contención, reparación de varandas; colocación de nova barreira flexible metálica e de sinalización vertical. Están instalando ademais novos canles metálicos das canalizacións eléctricas e de telefonía e unha iluminación artística da ponte.
Novas relacionadas
- Febreiro 2018: Lejarreta, Sastre, Gómez Noya e Iván Raña, primeiras espadas do #GranFondoÉzaro2018.
- Agosto 2017: Adxudicadas as obras da ponte do Ézaro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).