“A Biblioteca é o eixo vertebrador dun centro de ensino”

“A Biblioteca é o eixo vertebrador dun centro de ensino”

A Biblioteca é o corazón do colexio, e cada vez máis colexios a están poñendo no centro do programe escolar. “A Biblioteca é o eixo vertebrador do que parten moitas das actividades que se realizan no centro”, resaltaba este pasado xoves a directora do CEIP de Carnota na inaguración das novas instalacións da Biblioteca. “Un paso adiante cara o novo modelo de ensino aprendizaxe“, cambiando ademais esa idea de que era o lugar ao que ían os nenos castigados, os que tiñan que facer os deberes no recreo…

A familia do CEIP ao completo (familias, alumnado, ANPA, profesorado…), representantes do Concello, do IES e do CEIP do Pindo, acodiron á emotiva xornada para coñecer como vai ser a nova etapa do centro. “Agora será un espazo no que os nen@s teñen sitio para xogar cos compañeir@s, para ler, para investigar, para empregar as novas tecnoloxías, pintar, crear… e mesmo estar charlando no faladoiro. Para convivir”, sinalaba a directiva. “Un espazo no que se fomente a alfabetización informacional, é dicir, onde os nenos aprendan tamén a buscar información, discriminar veracidade de documentos”…

Pero é que unha Biblioteca é moito máis. Ademais de ter un novo espazo ideal para acoller actuacións, contacontos… o proxecto anual arredor do que transcorren as principais accións comúns a todas as aulas, sae das cabezas das responsables da Biblioteca.

Xur na nova Biblioteca de Carnota

A inauguración contou tamén coa actuación musical do artista local Xur, exalumno do centro, que deleitou á comunidade escolar coa súa canción a Mar de Lira e unha versión de Britney Spears.

Moi importante é o feito de que a Biblioteca vaia estar aberta de martes a xoves de 16:30h a 18:30h, favorecendo así a conciliación e ofrecendo un espazo de lecer construtivo para as crianzas.

Máis novas