Carnota acolle un Torneo 5x5 de balonmán en Carnota aberto á rapazada
22 de abril de 2026 (14:06 h.)
Este sábado 25 de abril o pavillón de Carnota converterase no punto de encontro do balonmán base cun torneo 5x5 pensado para nenos e nenas nados entre 2010 e 2019. A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse canto antes.
Os equipos deberán ser mixtos e contar con 5 a 8 xogadores, ademais dun responsable maior de 16 anos. A inscrición realízase exclusivamente a través deste formulario.
Para consultas ou máis información, as persoas interesadas poden escribir a administracion@fgbalonman.com ou chamar aos teléfonos 986 410 618 e 670 892 328.