mércores. 22.04.2026
El tiempo

Carnota acolle un Torneo 5x5 de balonmán en Carnota aberto á rapazada

Torneo Balonman Carnota
Torneo Balonman Carnota
Carnota acolle un Torneo 5x5 de balonmán en Carnota aberto á rapazada

Este sábado 25 de abril o pavillón de Carnota converterase no punto de encontro do balonmán base cun torneo 5x5 pensado para nenos e nenas nados entre 2010 e 2019. A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse canto antes.

Os equipos deberán ser mixtos e contar con 5 a 8 xogadores, ademais dun responsable maior de 16 anos. A inscrición realízase exclusivamente a través deste formulario.

Para consultas ou máis información, as persoas interesadas poden escribir a administracion@fgbalonman.com ou chamar aos teléfonos 986 410 618 e 670 892 328.  

Comentarios