Carnota chora o pasamento de Marupe

01 de febreiro de 2023 (00:03 h.)
Onte Carnota perdeu a unha muller forte e empoderada. Marupe Armendáriz Villar, coñecida activista da Asociación Feminista Sonlilá, deixábanos. As súas bravas compañeiras recoñecen que se trata dunha "perda moi grande para todas nos e mais grande para as que perdemos unha amiga".
En calquera caso, quedará para sempre o seu legado, como fundadora da organización feminista que leva 3 anos enchendo de sororidade as rúas de Carnota.

