Carnota formula un verán de rutas, contacontos, festas e cine

O Concello de Carnota presenta a programación de actividades de verán 2026, unha proposta pensada para gozar do territorio, do patrimonio e da natureza e de unha ampla variedade de actividaes durante os meses de xullo e agosto. O programa inclúe rutas guiadas, contacontos, películas ao aire libre, festas e moitas máis actividades que conforman unha axenda moi completa para todolos públicos. Podedes descargar o tríptico aquí. 

Especial incidencia das rutas

O Concello fai fincapé no programa de rutas guiadas para os meses de xullo e agosto, unha proposta pensada para que veciñanza e visitantes poidan descubrir a riqueza patrimonial, natural e paisaxística do municipio.  As rutas terán lugar conforme ao seguinte calendario:

  • 8 de xullo – Lira e o seu patrimonio con saída ás 9:30 h
  • 15 de xullo – Subida á Moa (Monte do Pindo) con saída ás 9:30 h
  • 22 de xullo – Miradoiro de Lira e petróglifo das Laxiñas (nocturna)  con saída ás 21:30 h
  • 29 de xullo – Visita audioguiada polo Pindo con saída ás 11:00 h
  • 5 de agosto – Hórreo de Carnota e petróglifo da Laxe Escrita (nocturna)  con saída ás 21:30 h
  • 12 de agosto – Subida á Moa (Monte do Pindo) con saída ás 9:30 h
  • 19 de agosto – Lira e o seu patrimonio con saída ás 9:30 h
  • 26 de agosto – Visita audioguiada polo Pindo con saída ás 11:00 h


Inscricións e prezo: As prazas son limitadas e deberanse reservar con antelación neste formulario.

As rutas teñen un custo de 3 € por persoa que se deberán ingresar na conta do Concello (2080 0334 8731 1000 0035) indicando o nome do/a participante e a ruta a que se inscribe, agás a visita audioguiada polo pobo do Pindo que se pagará en efectivo na Confraría do Pindo ao inicio da ruta. A inscrición e o pago deberán realizarse antes do día previo á ruta, ata as 11:00 h. no

Para máis información, pode consultarse a web de turismo municipal: www.carnotaturismo.com