Carnota implica á veciñanza para ter unha Feira de Produtos Locais ao mes

Volve ser Carnota o centro da terra na Costa da Morte. Así o demostra a súa aposta polo produto local e polos produtores da casa. E como fixera en decembro pasado, para este comezo de ano, xa ten prantexada unha nova cita.

Así, o vindeiro sábado 2 de febreiro de 2013, Carnota vai celebrar un novo mercado de produtos locais, para o que solicitan a implicación da veciñanza. A idea é realizar un mercado destas características dunha forma estable, o primeiro sábado de cada mes.

Nesa liña, dende o concello invitan a todas as persoas que teñan interese neste mercado (pequenos produtores de ovos, mel, animais, produtos da horta, artesanía, etc.) e que desexen participar, deben poñerse en contacto co Concello de Carnota, co fin de elaborar unha listaxe de participantes e organizar os postos.

Polo de pronto a primeira cita está marcada, e chega ademais cunha interesante charla que demostra a aposta do Concello por fomenta un produto local como

Charla sobre a normativa reguladora da comercialización do mel

E coincidindo co mercado, o vindeiro día 2 de febreiro ás 7 da tarde, a terá lugar unha charla impartida por Miguel Méndez López, apicultor e membro de AGA, sobre a normativa reguladora da comercialización do mel.

Esta charla está orientada a tódolos productores de mel da comarca que queiran informarse sobre a normativa que se esixe, dende as distintas administracións tanto para a comercialización como para o etiquetado do mel.

I é que o mel en Carnota pode convertirse nunha auténtica fonte de ingresos e un complemento da economía local.

Para máis información e inscrición poden chamar ao 981 857032.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.