As abellas volven á vella alvariza de San Cibrán 60 anos despois
 
    20:25 01/09/10 
             Ós sesenta e pico anos de ser abandonada, unha das alvarizas máis  significativa de San Cibrán volve a estar habitada polas abellas. A  culpa tena o curso de Apicultura que se está desenvolvendo en Quilmas, dende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa (que hoxe ten unha visita a rodas moi especial ademais) e que conta co apoio da Deputación da Coruña e á Comunidade de Montes de Caldebarcos.
Os participantes veñen instalar na vella alvariza un conxunto de colmeas e de cortizos,  abrindo unha nova etapa apícola nas faldas do Monte Pindo. Xa nolo  apunta César Cambeiro, un dos veciños participantes, i é que "á parte do valor natural que en si mesmo ten o Monte Pindo, tamén é importante saber que ten utilidades que convén recuperar".
O  grupo responsable deste traballo está formado por apicultores veteranos  pero tamén por outros que empezan a coñecer o mundo das abellas e que  son os que máis amosan a ilusión. A parte máis emotiva púxoa Manolo do Armeiro cando soubo a noticia, xa que el foi un dos últimos habitantes de San  Cibrán que traballou coas abellas nese lugariño, aló polos anos corenta e  pico cincuenta.
En Caldebarcos pénsase que se deu un paso de xigante na recuperación do patrimonio e  que  isto vai marcar unha nova etapa na relación da Comunidade de  Montes co entorno do seu propio monte e, por suposto, coas abellas.
Longa vida ás Alvarizas!!! Que xa o dicía Einstein: “se un dia morren as abellas, acábase a vida na Terra”.

Novas relacionadas
- Coñecendo a maxia das abellas.
- ReXurde Caldebarcos.
- A Bicicaravana chega de Irlanda a Quilmas para protexer o territorio.
- A Comunidade de Montes de Caldebarcos aprende a coidar o patrimonio en Ferrolterra.
- Denuncian un desbroce abusivo nos muíños de Caldebarcos.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).
- Información e fotos achegadas por César Cambeiro.